REXITRO SANITARIO. C-15-001622
REXITRO SANITARIO. C-15-001622
Asociación de Ex-Alcohólicos de Ferrolterra Centro Asistencial de Alcoholismo, Tabaco y Ludopatía REXITRO SANITARIO. C-15-001622
Asociación de Ex-Alcohólicos de FerrolterraCentro Asistencial de Alcoholismo, Tabaco y LudopatíaREXITRO SANITARIO. C-15-001622

 

 

 

A NOSA ASOCIACIÓN

 

Esta Asociación iniciou a súa andaina no ano 1973, sendo un grupo de adictos ao alcol que se atopaban a tratamento e que decidiron continuar reuníndose con ánimo de reforzar a súa forza de vontade para manterse en abstinencia e decidiron fundar Ex- alcoholicos de Ferrolterra para dar a concocer os seus problemas coa enfermidade alcohólica a todos os interesados e dar a oportunidade de recuperarse tal e como fixeron eles. O grupo que se iniciou con cinco persoas, creceu rapidamente e despois de moitos anos de traballo conseguiu ser recoñecida pola Xunta de Galicia, no ano 1992, como Centro Asistencial en Drogodependencias destinada a Alcohólismo, así mesmo ostenta o recoñecemento de entidade de Utilidade Pública. converteuse nun eixo fundamental do tratamento do alcoholismo así como doutras adiccións en toda a comarca de Ferrolterra e mesmo a nivel autonómico. 

Esta Asociación conta cun equipo profesional composto por: Médic@ Psiquiatra, Médic@ Xeral, Psicólog@ e Traballade@r Social, traballando en coordinacion co Servizo de Saúde Mental do Sergas de Ferrol, así como outro equipo administrativo, dependendo todos da Xunta Directiva e do presidente. Os nosos usuarios está composto por  persoas de todas as idades ás que tentamos axudar no seu camiño por manterse en abstinencia e que a mesma se manteña o maior número de anos.

Os nosos servizos son totalmente gratuítos para as persoas que deciden iniciar o complicado camiño de manter a abstinencia e aos que tentamos axudar  noutros aspectos relacionados cos cambios de hábitos de vida e para o que levamos a cabo diversos talleres ocupacionais e mesmo realizamos outros servizos de asesoramento, etc. Sempre é unha alegría que cheguen socios novos e traian ás nosas filas un sopro de aire fresco. Ánimese e veña un día para visitarnos: será un pracer coñecerlle!

Contacto

Ex-Alcohólicos de Ferrolterra

Centro Asistencial de Alcoholismo, Tabaco y Ludopatía

Calle Alvaro Cunqueiro 6 Bajo
15403 Ferrol

 

Correo electrónico: exalcoholicosferrol@mundo-r.com


 Teléfono: 981 351 395                             981 355 994

HORARIO:

LUNS A VENRES 08,00 A 13,00

LUNS , MARTES, MÉRCORES 16,00 A 19,00

.